Thursday 09 de May de 2024

O Concello recibe 16 propostas para o seu proxecto de reurbanización das rúas do ámbito do mercado municipal de Monte Alto


O Goberno local licitou por 483.852 euros a reforma das rúas Conto, Forcarey e Joaquín González

O Concello recibiu un total de 16 propostas para a execución do proxecto de renovación das rúas situadas no ámbito do mercado de Monte Alto, enmarcado dentro do plan de urbanización e mellora de espazos públicos da cidade. Cun presuposto de 483.852 euros, o departamento municipal deInfraestructuras prevé executar esta obra en 2015.
Antes de sacar a concurso o proxecto, as concelleiras de Barrio e a área de Infraestructuras presentaron a veciños, comerciantes e pracervos de Monte Alto esta nova intervención de mellora dos espazos públicos. Nesta primeira fase que se licitou inclúese a reurbanización das rúas Conto, Forcarey e Joaquín González. Cun presuposto máximo de 483.852 euros, o prazo de execución é de 8 meses.
Os traballos desta primeira fase do proxecto permitirán emendar as deficiencias existentes nestas tres vías que rodean a praza; favorecer a mobilidade peonil na zona, así como o acceso ao aparcadoiro, o mercado e a escola infantil; instalar rede separativade saneamento e canalizacións de iluminación e telecomunicacións das que carecía a zona; e recoller as augas pluviais procedentes das baixantes dos edificios e instalar unha nova rede de sumidoiros.
Nunha segunda fase acometerase a remodelación da praza situada en superficie sobre o mercado municipal de Monte Alto. Para estas obras, cando se saquen a concurso, reservaranse 715.293 euros, cun prazo de execución de 4 meses. O Concello busca modernizar a praza para convertela nun espazo público máis amable que permita recuperar o seu papel central e como punto de encontro e convivencia no barrio. Ademais, instalarase unha zona de xogos infantís e outra máis estática e abeirada grazas a unha marquesiña que protexa do sol e da chuvia. Entre ambas as dúas fases, o novo investimento municipal en Monte Alto roldará os 1,2 millóns de euros.
O proxecto desenvolverase en dúas fases porque convén que a remodelación integral da praza do mercado municipal de Monte Alto se execute nos meses de verán, para evitar así filtracións de auga ao propio mercado. Ademais, esta decisión permitirá desenvolver as obras a un ritmo compasado para rematalas no terceiro trimestre de 2015 -a urbanización das rúas levará un máximo de 8 meses, mentres que para a reforma da praza a previsión é que se execute na metade de tempo-.